COMUNICADO

Nós, as que loitamos cada día para defender o dereito á vivenda, convocamos esta manifestación porque non podemos permitir que sigan facendo negocio coas nosas vidas.

A vivenda debería ser un dereito, non un ben co que especular. Porén, os fondos de investimento e os rentistas seguen acumulando beneficios mentres miles de persoas son desafiuzadas, expulsadas dos seus barrios ou condenadas a vivir en condicións indignas. E todo isto coa complicidade do Estado e dos partidos políticos institucionais, que converteron a vivenda nun modelo de negocio.

Mentres tanto, as que nos organizamos para resistir e defender as nosas casas sufrimos represión, multas, persecución e violencia policial. Quérennos caladas, quérennos illadas, pero respondemos con máis forza, con máis organización e con máis loita.

Por iso, chamamos a toda a xente a saír ás rúas. Porque isto non é só unha manifestación, é un paso máis na construción dun movemento forte, independente e combativo. Queremos tecer alianzas, sumar novas compañeiras e reforzar as redes de apoio mutuo.

O 5 de abril, en distintas cidades do Estado, sairemos á rúa cunha mensaxe clara: "ACABEMOS CO NEGOCIO DA VIVENDA". Se te botaron da túa casa, se che soben o alugueiro, se non podes acceder a unha vivenda digna, se te organizas ou queres empezar a facelo... esta loita tamén é a túa.

Vémonos nas rúas.

Manifestación acabemos con el negocio de la vivienda